Concello da Coruña

Concello da Coruña

Raphael "Mi gran noche"

Raphael inicia unha nova aventura cuxo nome vén dado por unha das súas cancións máis emblemáticas: "Mi gran noche".

Cando:

29/11/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña

Prezo:

Zonas A e B: 45,00 €; Zona C1: 40,00 €; Zona C2: 30,00 €.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Producciones Coruñesas SL

Despois de máis de cincuenta anos de xiras percorrendo o mundo e, en especial, tras o tremendo éxito das máis recentes como Cerca de ti, 50 años después, Te llevo en el corazón e Lo mejor de mi vida, que o levaron dende Bos Aires ata Boston, dende San Petersburgo ata Acapulco, abarrotando teatros, grandes auditorios e palacios de deportes en todos e cada un dos seus concertos, Raphael volve subir aos escenarios para centrarse principalmente, nesta ocasión, en España, México e Estados Unidos.

Se todas as xiras do artista teñen algo especial que as diferencian unhas doutras, MI GRAN NOCHE non podería ser menos e incorpora algo que para o público, seguro, será unha gran sorpresa. Raphael está a traballar nun novo disco con cancións que xa gravou no seu día, que foron eclipsadas por outras súas, e que serán unha parte moi importante destes novos concertos. Trátase de darlles unha segunda oportunidade a grandes temas que non atoparon oco nun momento no que números un como Yo soy aquél, Cuando tú no estás, Digan lo que digan, Desde aquel día, La noche, Hablemos del amor, Cierro mis ojos ou a Balada de la trompeta, por nomear só algúns, fixéronse co protagonismo dentro dun repertorio verdadeiramente sorprendente.

Son esoutras cancións -algunhas das cales tamén foron moi populares aínda que non chegaron tan lonxe como ocorrería en calquera outro momento-, ás que Raphael, apoiado nunha gran produción e sons actuais con espectaculares arranxos, quere dar o brillo que no seu momento se lles escapou.

Neste sorprendente proxecto, coa idea de que atopen un novo camiño entre a xente e voen máis alto, o artista “revisitará” algúns deses vellos temas para convertelos en novos, e o público volverá escoitalos en directo despois de moito tempo.

O afiche da xira é unha clara chiscadela a aquela época e está inspirado nun dos máis coñecidos do artista: o que foi imaxe, sen ir máis lonxe, dos seus célebres concertos no Palladium de Londres.

Corenta e cinco anos separan o orixinal do actual, que nos mostra a un Raphael que pode presumir de estar nun dos mellores momentos da súa carreira.

As xiras máis recentes e os éxitos e concertos multitudinarios falan por si sós. Os cheos absolutos en lugares como o Auditorio Nacional de México, o Palacio dos Deportes da Comunidade de Madrid, o Liceo de Barcelona, o Movistar Area de Chile, o WAMU do Madison Square Garden de Nova York ou o Palacio do Kremlin de Moscova son datos obxectivos e sen dúbida impactantes que mostran a vixencia extraordinaria dun artista que nos seus comezos revolucionou a música popular en castelán, instalouse para sempre no corazón de millóns de persoas en todo o mundo, e dende entón non fixo outra cousa que seguir un camiño ascendente que parece ir contra calquera lóxica. Esta última década, de novo, é un exemplo indiscutible.

En MI GRAN NOCHE, Raphael non esquecerá, por suposto, o que el chama as súas “xoias da coroa”: eses temas míticos que forman parte do cancioneiro popular de varias xeracións (aquelas cancións que antes sinalabamos como culpables de eclipsar as demais) e ás que poderiamos engadir En carne viva, Qué sabe nadie, Escándalo, Amor mío, Yo sigo siendo aquél, Maravilloso corazón maravilloso, Provocación, No puedo arrancarte de mí ou Como yo te amo... clásicos inamovibles que foron da man do artista para convertelo nun dos realmente imprescindibles no panorama musical de medio mundo.

Ao longo dos anos e en miles de escenarios de decenas de países, as xiras de Raphael puxeron en pé a un público absolutamente entregado. Millóns de persoas que, dende o principio, desexaron máis. E máis. E máis. Estamos seguros de que con MI GRAN NOCHE ocorrerá o mesmo.

+ información: www.caveaproducciones.com 

ENTRADAS

Zonas A e B: 45,00 €

Zona C1: 40,00 €

Zona C2: 30,00 €

 

VENDA DE ENTRADAS

Pza. de Ourense: de luns a venres excepto festivos de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Palacio da Ópera: día do concerto de 11 a 14 e de 17 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión