Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: Tal Nitzán e Román Raña

Cita mensual coa mellor poesía galega e do resto do mundo.

Cando:

11/11/2013, de 20:30 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

IMCE

Documentos:

Folleto de Poetas (d)in Versos: Tal Nitzán e Román Raña (215 KB)

TAL NITZÁN

Nada en Jaffa (Israel), aínda que con raíces arxentinas, Tal Nitzán é poeta, tradutora e editora. Licenciada en Historia da arte e Estudos Hispanoamericanos, cun máster en Literatura pola Universidade Hebrea de Xerusalén, residiu en Bos Aires, en Bogotá e en Nova York. Hoxe faino en Tel Aviv, dende onde coordina dúas coleccións de literatura latinoamericana e hebrea.

Conta con cinco poemarios publicados, un libro para nenos, dúas compilacións de poesía hispanoamericana e a antoloxía de poesía israelita de denuncia "Con cicel de hierro", publicada tamén nos Estados Unidos e en Francia.

Con máis de oitenta libros ás súas costas, Tal Nitzán é a maior tradutora de literatura española para o hebreo. Ademais dunha adaptación do Quixote para lectores mozos, entre os autores que ten vertido á lingua hebraica constan Machado, Lorca, Neruda, Borges, Octavio Paz, Cortázar, César Vallejo, Ernesto Sábato, Alejandra Pizarnik, Onetti, García Márquez, Vargas Llosa, Roberto Bolaño ou Miguel Delibes. Por este incansable labor recibiu multitude de galardóns como o Premio Creatividade en Tradución en dúas ocasións, o Premio Tchernijovsky para tradutores sobresalientes e unha Medalla de Honra do presidente de Chile polas súas traducións de Pablo Neruda.

Tamén a súa propia poesía recibiu distincións como a do Premio Bernstein de Poesía, ou a dos galardóns do ministro de Cultura para Poetas Principiantes e para Obra Novel. Ademais, poemas seus foron traducidos a máis de vinte idiomas e publicáronse compilacións da súa poesía en italiano, francés, lituano, portugués e español.

ROMÁN RAÑA

Vigués do 60, Román Raña é doutor en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago e exerce como catedrático de lingua galega e literatura no IES do Castro da súa cidade natal. O seu debut literario veu da man do poemario Retrato de Sombra en Outono (1981), Premio Celso Emilio Ferreiro.

Tres anos despois Nas areias de outro mar (1985) obtería o premio Cidade de Ourense. Seguidamente foi finalista do premio Esquío co libro Extramuros da noite (1985), galardón que conseguiría plenamente dous anos máis tarde con Da muda primavera (1988). En 1997 obtivo o premio Martín Códax de poesía con Ningún camiño (1997), seguiulle Eloxio da desorde, premio de poesía Miguel González Garcés no 2002 e, dous anos máis tarde, o premio Caixanova de poesía co libro As metamorfoses do túnel (2005). Rematando este singular percorrido do premio por libro, no ano 2009 volveu gañar o Cidade de Ourense con O incendio das palabras.

Como crítico literario, publicou edicións críticas da obra de Manuel-Antonio en 1989, de Arcadio López-Casanova en 1999 e de Álvaro Cunqueiro no 2001, ao que hai que engadir A noite nas palabras (unha aproximación á poesía galega de posguerra) (1996). Como narrador, fíxose co primeiro premio no 10º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo en 1986, e tamén co premio de novela longa Eduardo Blanco-Amor por O crime da rúa da Moeda Vella (1989). Foi membro do consello de redacción do suplemento literario de Diario16 de Galicia e do Faro das Letras. Ademais, publicou artigos de crítica literaria, ensaios e recensións nun sen fín de xornais e revistas literarias galegas, facéndoo actualmente no suplemento Faro da cultura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión