Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pink Tones. One of these days

A atemporal música de Pink Floyd non debería morrer co grupo orixinal. Esa é a premisa da que parten Pink Tones para crear o seu espectáculo en directo.

Cando:

24/05/2014

Xa rematou

Horario:

21.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón

A atemporal música de Pink Floyd non debería morrer co grupo orixinal. Esa é a premisa da que parten Pink Tones para crear o seu espectáculo en directo. Concibido dende o principio como un show respectuoso e con alma, Pink Tones afástanse da tendencia do disfrace e a caracterización e apostan por un formato que o fan de verdade de Pink Floyd recoñeza como auténtico, con bo gusto e sobre todo…, intenso.

A pesar da súa coidada posta en escena e un son que cultivou inmellorables críticas alá por onde foron, os seus sinais de identidade e o que os distingue doutros espectáculos similares máis comerciais, é que non son un grupo de músicos que academicamente executan a música de Pink Floyd, senón que o que vai experimentar o público é unha banda de rock cunha implicación emocional e unha paixón tan intensa, que fan que as 3 horas de concerto se transformen en toda unha viaxe para os sentidos.

REPERTORIO
O repertorio é unha das cuestións que Pink Tones coida de maneira moi especial. O público que acode aos seus concertos é realmente variado en canto a idade e coñecementos da obra de Pink Floyd. Uns descubriron o famoso cuarteto a partir de The Wall, outros iniciáronse coas recompilacións e discos que editaron xa sen Roger Waters. Para os máis, Pink Floyd é Dark Side, Whish you were here e The Wall e os máis puristas prefiren os Floyd da primeira época con Syd Barret, outros xusto ata que se fixeron famosos con DSOTM…

Por todo isto, Pink Tones vai cambiando o set list dos seus shows, de case 3 horas de duración, constantemente. Certo que interpretan os tres grandes clásicos que son Dark Side, Wish you were here e The wall, pero tamén sorprenden a audiencia con traballos como a suite de Atom Heart Mother, Echoes, do álbum Meddle ou temas de Animals, Obscured by Clouds e A Saucerful of Secrets. Nestes 10 anos Pink Tones interpretaron cortes de case todos os álbums da discografía de Pink Floyd.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión