Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pegados

Pegados é a historia de dous mozos que se coñecen nunha discoteca e por esas cousas do azar e a testosterona, terminan consumando o acto sexual nun vulgar lavabo. A historia podería terminar así, como así terminan moitas historias de mozas, música e alcol.

Cando:

20/06/2014

Xa rematou

Horario:

21.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Pero os nosos protagonistas atoparanse cun problema co que non contaban: debido a un estraña pero medicamente inexplicable situación, xusto ao final do seu musical e sexual encontro, o mozo non consegue sacar o seu 'aparello sexual' do interior da moza. Quedan literalmente PEGADOS. Despois dunha serie de artimañas sen éxito buscando a maneira de despegarse, deciden ir a un hospital.

E aquí é onde empeza a nosa historia. Os dous atópanse nunha mesma cama de hospital, unidos, esperando o doutor e coa única compañía dunha enfermeira que non parece darlle moita importancia ao asunto. A espera será eterna, o doutor non chegará ata o final da función. Por que? Porque casualmente o doutor é, ao mesmo tempo, o pianista do musical, e se deixa o seu sitio no piano, o espectáculo non se podería realizar.

Os dous protagonistas estarán pegados e condenados a entenderse e a coñecerse durante esa longa espera no hospital. Unha espera tensa, aloucadamente cómica e, por encima de todo, musical.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión