Concello da Coruña

Concello da Coruña

PASEOS POLA CORUÑA LITERARIA. Outono 2015

Paseos pola nosa cidade coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 17/10/2015 ás 12:00 , 31/10/2015 ás 12:00 , 14/11/2015 ás 12:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/10/2015

Horario:

12.00 h

Duración:

Unha hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde, con inscrición previa desde o luns 5 de outubro (até esgotárense as prazas), na conserxaría do CENTRO ÁGORA ou chamando ao 981 189 888.

Requisitos:

Inscrición previa (55 prazas, en cada paseo). Maiores de 16 anos.

O sábado 17 de outubro, en colaboración coa Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, retomamos estes paseos que xa empezamos en 2014 e que tanta demanda tiveron por parte da cidadanía.

O tres paseos que imos ter para o outono son:

  • PASEO 1 (sábado 17 de outubro, 12.00-13.30 h) ESCRITORA-GUÍA: Dores Tembrás.  TÍTULO: "A Coruña, unha cidade ao descuberto"

A cidade que se abre nunha cartografía infantil, unha urbe que se pon ao descuberto por medio das historias dos avós pero tamén dos referentes literarios coñecidos na adolescencia. Unha pequena deriva pespuntada palabra a palabra: e as pegas rebuldás/ cubriron as rúas/ o asfalto nevado de noces/ e todos/ cos zapatos de Dorothy/ en compaña do lobo/ choutando nelas.

  • PASEO 2 (31 de outubro, 12.00-13.30 h) ESCRITOR-GUÍA: Pedro Feijoo. TÍTULO: "A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra..."

Teñen todas as cidades unha outra vida que, por veces, non se ve. Ou si, se se observa cos ollos adecuados... Unha vida feita da textura das letras, de sangue de tinta, e alma vestida nas historias. Nas que foron e nas que non foron... Desta volta, eu propóñovos un paseo por esoutra cidade, A Coruña de Rosalía e Murguía. Un paseo após as pantasmas daqueles nomes, de Gala, de Alejandra, de Anxo Aian e de Aurelio Aguirre, desde as miserias de rúa Tabernas, axustando as contas da Real Academia Galega, até as sombras do cemiterio de Santo Amaro e as súas tebras, a escuridade na que, moitas veces, vive a luz verdadeira. Se é que tal cousa existe, claro está. E todo, por suposto, sen deixar de lado o humor, que por algo hai na cidade unha praza a el adicada. Ou acaso non vos parece suficientemente gracioso que veña un de Vigo a ensinarvos a cidade?.

  • PASEO 3 (sábado14 de novembro, 12.00-13.30 h) ESCRITOR-GUÍA: Felipe Senén. TÍTULO: "De conversa co "genius loci" dunha Cidade Vella"

Adentrarémonos na Prehistoria e na Historia desa croa ou croio de pedra rosa que é A Coruña. Desde o baluarte Vello ou Xardín de San Carlos, cando aínda celebramos por Galicia adiante os dous santos homónimos das Panoias, os San Martiños de Tours e mais o de Dume, cando aínda arrecenden na memoria as lumeiradas e as castañas asadas dos magostos. Encetaremos unha pequena xeira arredor das luces e das sombras, na procura da conversa co "genius loci" dese couto ou "locus amoenus", entre as pantasmas de Xerión, de Moore e de lady Sther Stanhope, de Porlier... polas paisaxes e as paisanaxes inspiradoras de Aguirre, Pondal, Rosalía, o Murguía dos Precursores, Francisca Herrera... sen librarnos da Condesa. Escudos, campás, epígrafes, lendas, mitos e ritos que se perden e que lembraremos baixo o Arco do Arquivo do Reino de Galicia... a carón do templo dos Domine- Cane, das fratellas de San Francisco e a carón dunha imaxe que foi Venus, feita Virxe da Estrela para os nautas do Mar dos Ártabros...Porto de Compostela. A Coruña é cidade serea, ben o sabía Lugrís, da María das Batallas, de Inés de Ben, de Xoana de Vega, de Concepción Arenal, de Rosalía , Carolina Herrera, María Barbeito, Luísa Villalta que facía música coa palabra. Aqueloutra Coruña que cheiraba a tabaco e chicolate e un raparigo abríase ao mundo entre o amor e a morte, Pabliño Picasso. Marineda atlántica, de castros, altares, torres e muíños a beilar movidos por un vento toleirón... A Cidade amada de Garcés, de ida e volta de Manuel María, de atlántidas...Unha conversa en alto para coñecer, querer e defender realidades fronte a virtualidades, a orixe, a orixinalidade fronte á macdonalización´

Número de prazas por paseo: 55

INSCRICIÓN: desde o luns 5 de outubro, na conserxaría do CENTRO ÁGORA ou chamando ao 981 189 888.

A actividade está dirixida a maiores de 16 anos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión