Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pablo Carbonell

Pablo Carbonell leva ao seu espectáculo "Canciones de cerca" a música e o humor. Con formato de concerto, é un encontro co público cheo de agudeza e enxeño para rodear as cancións do seu último disco.

Cando:

15/09/2013

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas ás 21 horas.

Enderezo:

Sala Mardi Gras

Prezo:

10 euros, 8 euros con entrada anticipada.

En "Canciones de cerca" o polifacético e imprevisible artista gaditano xoga con ribetes surrealistas ao rodear as cancións do disco "Canciones de cerca", un álbum que contou con colaboración de Los Delincuentes, Raimundo Amador, Pepe Bao Lichis e unha longa lista de profesionais do mundo sonoro.

A singular montaxe combina música, agudeza e enxeño. O saír ao escenario coa única compañía da súa guitarra, a Gangrenosa, ofrece a un Pablo Carbonell moito máis próximo, reflexivo e íntimo, aínda que non esquece dous ingredientes que o acompañan dende a súa etapa en Toreros muertos: a sátira e a crítica social.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión