Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os murmurios do bosque

Exposición do artista Takeshi. Comisario: Alain DHooghe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/05/2014 ata o 12/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Avda. de Arteijo 171, Bj. 15007 A Coruña

Takeshi Shikama (1948) chegou tardíamente á fotografía tras unha sobresaliente carreira como deseñador. Para realizar este determinante cambio de traxectoria, foi necesario que se atopase nunha situación insospeitada. Canso do tumulto de Tokio, decidiu instalarse coa súa esposa nunha casiña de madeira construída por el mesmo nas proximidades dun bosque situado a unhas dúas horas ao nordés da megalópolis. Tallar árbores impresionoulle profundamente e permitiulle comprender unha ancestral crenza xaponesa: durante séculos venerouse ás árbores como divindades que contiñan o corazón e a alma dos humanos.


Desde entón Shikama consagrou a maior parte da súa vida para fotografar o bosque -os bosques-, onde transporta e instala a súa pesada cámara de gran formato, deixándose guiar polos murmurios dun mundo fose do mundo, o que el denomina “respiración silenciosa”.
Se durante moito tempo o seu país de orixe foi o seu territorio predilecto, posteriormente Shikama optou por ampliar o seu campo de investigación e dirixir a súa mirada non só aos parques naturais do oeste americano, xa se tratase de Yosemite ou os da costa do Pacífico, senón tamén á illa de Skye, na costa escocesa, ou aos “seus bosques urbanos”, como o Central Park en Nova York ou o Xardín de Luxemburgo, en pleno corazón de París.


Convidado polo MAC, e no marco desta exposición, Shikama saíu en procura dalgúns das paisaxes máis emblemáticas de Galicia, integrando as vistas dos bosques autóctonos e da Costa da Morte á súa obra.


Para Shikama a captura da imaxe é a fase inicial que conduce ao auténtico obxecto fotográfico e, por elo, concede unha importancia e un coidado particulares a todas as etapas do proceso que lle guiarán ata o resultado final. Ao optar pola cámara de gran formato, privilexia a riqueza de detalles que ofrece o negativo de gran formato e, da mesma maneira, tamén prefire positivar en platino-paladio co fin de dar corpo aos matices máis sutís rexistrados na película.
Levando cada vez máis lonxe a súa ansia de perfección e o seu desexo de conseguir unha harmonía ideal entre a imaxe e o seu soporte, recentemente realizou probas sobre un papel tradicional xaponés, o Gampi, que se fabrica de maneira artesanal e que el mesmo imprime con emulsión de platino. Os resultados son asombrosos: a imaxe final parece vibrar en suspensión, profunda e, paradoxalmente, infinitamente lixeira.


Por moitos aspectos, a obra de Takeshi Shikama é atemporal e consegue reunir Oriente e Occidente. Impregnadas da tradición pictórica de Extremo Oriente, as súas imaxes sobordan serenidade e convidan á contemplación, mesmo á meditación, á vez que fan referencia constante á historia da fotografía paisaxística europea e norteamericana, en particular á dos pioneiros do século XIX, de Carleton Watkins a Eadweard Muybridge, pasando por Roger Fenton, Charles Nègre e mesmo Eugène Atget.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión