Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orquestra Gaos e Zoar Ensemble

A voz galega zoar describe o son do vento cando sopra con forza. Así, deste xeito, consagrámonos a calquera das expresións musicais escritas para estes instrumentos.

Cando:

04/03/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Coa intención de ofrecer propostas orixinais, novas e frescas, interesámonos por todo tipo de repertorio; o tradicional, a experimentación con electrónica, proxectos pedagóxicos e a música de nova creación.

Cinco mozos residentes na Coruña, todos profesionais nas principais institucións musicais galegas. Formados en escolas europeas de primeira orde como a Royal College de Londres, A Hanns Eisler de Berlín, Musikene en Donosti e ESMuC de Barcelona, e en orquestras xoves como a Joven Orquesta Nacional de España, European Union Youth Orchestra ou a Gustav Mahler Jugendorchester. Sempre con propostas musicais orixinais, frescas e rechamantes, e intentando escapar dos canons máis tradicionais, Zoar Ensemble emerxe como un dos conxuntos de música de cámara con instrumentos de vento máis activos do panorama musical galego. Dende os seus inicios, en setembro do 2009 leva realizados aproximadamente unha vintena de concertos en Galicia, Euskadi e Cataluña, participou en 3 concursos internacionais e está preparando o seu segundo cedé. Unha das súas apostas principais é apoiar a nova creación, dinamizando a vida musical e achegando novidades ao repertorio tradicional. Entre as diferentes estreas destacan The elephant and the clown de Paquito d'Rivera, Bufonesques de Óscar Álvarez (Ed. Brotons i Mercadal), Quintetto de fiati de Gabriel Bussi e proximamente obras de Xabier Mariño, Óscar Álvarez e Juan Durán. Zoar gravou o seu primeiro cedé co proxecto “Outra+Outra 2011” que convoca a Fundación Paideia xunto coa Deputación da Coruña e grazas a un acordo co Concello de Culleredo é grupo residente do Auditorio Gustav Mahler no Conservatorio desta localidade. Proximamente prepara proxectos como unha adaptación da ópera Cosí fan Tutte en colaboración coa compañía de Títeres Cachirulo e un recital coa mezzosoprano catalá Anna Alàs.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión