Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiros Monográficos

Obradoiros infantís de verán no Museo Arqueolóxico

A quen vai dirixido?:

Nenos de 6-12 anos

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 11/07/2015 ata o 22/08/2015

Xa rematou

Horario:

12.00 horas

Duración:

1.5 horas

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíto (Inscrición previa por orde de reserva: 981 18 98 50 (De 10.00 a 21.00h)

Organiza:

Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

- Sábado 11 de xullo

PINTURA RUPESTRE

Neste taller, os nenos coñecerán as técnicas, os diferentes motivos decorativos e a elaboración dos pigmentos naturais empregados polos homes e mulleres da Prehistoria para decorar as paredes das súas covas. Nunha primeira parte mostraránselles exemplos reais de pinturas, ademais de materias prehistóricas orixinais expostas nas vitrinas do museo, despois crearán as súas propias pinturas rupestres, utilizando pintura de mans.

- Sábado 18 de xullo

CERÁMICA CASTREXA

Con esta actividade, achegaremos aos asistentes aos labores artesáns de fabricación de obxectos cerámicos dos nosos antepasados castrexos. Despois dun percorrido polas salas de arqueoloxía, os participantes elaborarán coas súas mans un obxecto de barro, inspirándose en formas e decoracións de pezas orixinais feitas polos homes e mulleres que habitaron os castros.

- Sábado 1 de agosto

MOSAICO ROMANO

Despois dunha breve explicación sobre a técnica musivaria e despois de ver varios exemplos no museo, os asistentes elaborarán un mosaico empregando os patróns que se lles proporcionarán.

- Sábado 8 de agosto

SOLDADOS ROMANOS

Nunha primeira parte visitaranse, nas salas do museo, as vitrinas dedicadas aos campamentos romanos, a continuación converteranse en soldados imperiais, construíndo o seu propio casco, espada e escudo defensivo á maneira romana, para elo utilizarán como base cartón e cartolinas, que recortarán e pintarán.

- Sábado 22 de agosto

SELO DE OLEIRO: TERRA SIGILLATA.

Os nenos entrarán en contacto coa cerámica romana coñecida como “terra sigillata”. Coñecerán, a través das pezas expostas nas vitrinas do museo, as funcións, formas, decoracións e características particulares desta cerámica romana fina. A continuación farán o seu propio selo de oleiro tallando con gubias sobre gomas de borrar. Farán probas sobre plastilina ou barro sobre o papel.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión