Actividade enmarcada no ciclo temático "Conta a lenda..." adicado a tradición oral como herdanza cultural e memoria dunha sociedade.
Personas adultas, Juvenil
16/05/2024
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O xoves 16 de maio a las 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos un Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco e Xurxo Souto.
Dentro do ciclo temático "Conta a lenda..." adicado a tradición oral como herdanza cultural e memoria dunha sociedade, realizarase un obradoiro de Regueifas unha boa oportunidade para dar visibilidade a este arte tan noso.
Ollos ben abertos, orellas atentas e os pés cravados no chan. Dende o comezo ninguén pode xa, quitar a atención das rimas. Xurxo Souto e Lupe Blanco están considerados dous dos maiores expoñentes da regueifa en Galicia. As claves da regueifa, dos brindos ou loias, son a súa rapidez e espontaneidade (carece de interludios musicais e de pausas entre os versos), e sobre todo o enxeño, porque é o que fai que o público se entusiasme coa capacidade das repentistas para saíren airosas dos envites máis agudos en décimas de segundo e de forma totalmente improvisada, como se fosen prestidixitadoras da lingua.
Acceso libre até completar capacidade.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible