Concello da Coruña

Concello da Coruña

O psicópata na ficción e na realidade

Vicente Garrido e Nieves Abarca falarannos do seu último libro "Martyrium".

Cando:

07/11/2013

Xa rematou

Horario:

19.30 h.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

Libre e gratuíta, ata completar capacidade.

Os psicópatas compoñen unha figura icónica na sociedade actual, tanto na cultura popular (cinema, televisión) como na inclusión de determinadas ideas ou estereotipos dentro da linguaxe cotiá. Por outra banda, os estudos da ciencia sobre o psicópata ofrécennos unha imaxe moito máis matizada, con numerosos interrogantes aínda por resolver. Nesta conferencia, o Dr. Garrido analiza ao psicópata da imaxe cultural e compáraa coa do psicópata real: mediante estudos de casos reais e a través da creación literaria da figura do psicópata, o coautor xunto a Nieves Abarca de Crímenes exquisitos e Martyrium abroda un dos grandes enigmas humanos da sociedade actual.

Tras o éxito de Crímenes exquisitos, Garrido e Abarca presentan o resultado da súa nova colaboración: 'Martyrium, un thriller que nos mostra o crime e a relixión no que teñen en común: o horror que poden inspirar algunhas das súas imaxes máis suxestivas, e demóstranos que se pode crer en Satanás sen crer en Deus. Martyrium devólvenos aos principais personaxes que cativaron ao lector en Crímenes exquisitos, construíndo unha intriga endiabrada onde a curia, o mundo da política e os homes e mulleres sen escrúpulos converten a investigación criminal nun labirinto apaixonante.

 

Sobre os autores: Vicente Garrido e Nieves Abarca

Vicente Garrido Genovés é criminólogo e doutor en Psicoloxía pola Universidade de Valencia da que é profesor titular, onde imparte Criminoloxía Forense e Pedagoxía aplicada á delincuencia. En 1990 ditou o primeiro curso sobre técnicas de elaboración de perfís criminais a Inspectores de homicidios, na División de Ensino da Policía (Madrid). Entre as súas múltiples colaboracións internacionais, foi Consultor de Nacións Unidas para a prevención da delincuencia en Latinoamérica (1996-1998) e o Ministerio de Xustiza outorgoulle en 1999 a Cruz de San Raimundo de Peñafort polo seu labor.
Garrido conta cun amplo recoñecemento no ámbito da literatura de divulgación da criminoloxía forense e estudos sobre violencia (El psicópata, Amores que matan, Cara a cara con el psicópata, Los hijos tiranos, La mente criminal, Mientras vivas en casa, etc). Tamén é autor de numerosos artigos en revistas de España, Reino Unido e EE.UU. e xornais de toda España, tales como Las Provincias (Valencia), El País, El Mundo, La Vanguardia e El periódico de Cataluña. Participou como asesor científico en telefilmes e reportaxes sobre casos criminais. Do mesmo xeito, é colaborador habitual de programas de radio e de televisión de debate, cultura e divulgación sobre temas como a psicopatía, a investigación criminal, a violencia familiar ou a delincuencia sexual. Actualmente encárgase de realizar os perfís criminolóxicos no programa Expediente abierto de Antena 3.
Crímenes exquisitos é a súa primeira novela de ficción.

 

Nieves Abarca Curral naceu na Coruña en maio do 68. Estudou Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela e é Máster en Xornalismo pola UOC. Realizou un curso de especialista en Perfís criminais baixo a dirección de Vicente Garrido. Tras licenciarse, viviu en Londres arredor de dous anos. Foi directora dunha revista de divulgación cultural, ademais de colaborar en varias publicacións da Coruña e Ponferrada como redactora e fotógrafa, e en programas de radio sobre música clásica. Durante trece anos traballou nun cuartel da policía local.
É unha lectora incansable de todo tipo de literatura, pero sobre todo de novela negra e criminal. Na actualidade está a estudar Criminoloxía e traballa no Concello da Coruña. Crímenes exquisitos é a súa primeira novela.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión