Concello da Coruña

Concello da Coruña

Novas expresións-Mónica de Nut

Mónica de Nut Dúo actúa o xoves 28 de novembro no Centro Sociocultural da Coruña para o ciclo de música Novas expresións. O dueto está composto pola cantante Mónica de Nut e o guitarrista Virxilio Da Silva.

Cando:

28/11/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Prezo:

5 euros.

Mónica de Nut é unha cantante moi versátil, atrévese co jazz, a música de raíz, a experimental e mesmo coa ópera. Á parte de cantante, tamén é actriz e licenciada en danza contemporánea pola Escola Superior de Canto de Madrid. Participou en diversas formacións musicais, óperas e teatro musical e conta cun disco a trío, Mónica de Nut trío.

Mónica de Nut vén ben acompañada por Virxilio Da Silva, guitarrista formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e na ESMAE do Porto. Virxilio creou numerosos proxectos dentro do jazz e do rock e ten un gran talento como improvisador.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión