Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nova Galega de Danza. Dez

A danza ensáiase contra os espellos. Sobre ese reflexo vaise construíndo un código. Depúrase unha linguaxe que só pode ser humana porque só pode ser interpretada dende o corpo.

Cando:

16/05/2014

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón

Estamos afeitos a mirar o corpo, pero non sempre o entendemos. Estamos afeitos vernos cando nos miramos a un espello, pero non miramos o que nos di o corpo.
Nova Galega de Danza estrea o segundo díxito do tempo. Cumpre dez anos e entra nesa dimensión dos uns e os ceros que parece ter reacomodado as formas do universo sen a obriga de cambialas. É unha dimensión do perpetuo cambio, de movemento infinito. Temos tendencia a simplificar en uns e ceros, pero non sempre se pode. Simplificamos e dicimos que a tradición é un pasado de foto fixa. Pero non deberiamos deixarnos levar pola convención. Non hai nada tan movido como unha liña continua. Nova Galega de Danza optou pola lealdade operativa á tradición. Por iso leva dez anos transformándoa. Porque os elementos poden parecer os mesmos, pero as combinacións son infinitas.
[Código Binario. Camilo Franco]

COREOGRAFÍA: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer.

BAILARÍNS: Alba Vázquez, Emma Cabañas, Laura García-Vera, Lorena Ballesteros, Iván Villar, Jaime Pablo Díaz, Vicente Colomer.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión