Concello da Coruña

Concello da Coruña

Noite Bohemia: Anfitrión

Anfitrión é unha comedia do autor latino Plauto. Na obra hai un monólogo de Sosias sobre a expedición militar de Anfitrión contra os teléboas, monólogo que é unha parodia da campaña de Nobilior contra os etolios no ano 189 a. C.

Cando:

11/02/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Este dato daría unha data de composición da obra un ou dous anos despois, no 188 ou no 187. Está perdida parte da obra, concretamente aquela en que se atopan Júpiter e Anfitrión.

Sinopse:
Anfitrión marchou á guerra contra os teléboas e mentres tanto, Júpiter substituíuno como marido ante a súa esposa Alcmena. A volta do marido crea unha serie de situacións traxicómicas por causa do exacto parecido entre el e Júpiter e entre o seu criado Sosia e Mercurio, xa que ambos os deuses tomaron as súas respectivas figuras.

Alcmena é acusada por Anfitrión de infidelidade polo frío recibimento que lle dispensa á súa volta, despois de pasar a noite con Júpiter, o falso Anfitrión. Despois de moitos enfados e desenfados, Bromia anuncia o desenlace co nacemento de dous nenos nun só parto. Un de Anfitrión e outro, Hércules, de Júpiter, que lle dará gloria inmortal coas súas fazañas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión