Concello da Coruña

Concello da Coruña

NINONINO!: Lady Leño + Linda Guilala + Bernal Prieto

Conversación a tres bandas entre o directo cru de Lady Leño, o pop fresco de Linda Guilala e as ilustracións de Bernal Prieto no penúltimo concerto de NINONINO!

Cando:

09/05/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

NORMAL

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Lady Leño son unha banda da Coruña formada a mediados do 2012 por Iago Golpe ás guitarras, Alberto Vázquez á batería e Beatriz Argüelles ao baixo e voz. Caracterízanse polo seu son escuro e visceral, acompañado de letras que, entre outros, tratan a ambigüidade e o misterio da natureza humana (construír vs. fabricar). Directo cru e contundente con reminiscencias punk e influencias do son 80´s que non vos deixarán indiferentes.

Linda Guilala editan no ano 2009 o seu primeiro disco, Bucles infinitos, unha demostración dun modo propio de entender o pop, sabendo equilibrar a enerxía xuvenil, a paixón polo pop máis clásico e o tecno-pop. O grupo mantén esa frescura máxima das melodías, na mellor das tradicións da Nova Onda española, como en Alaska y los Pegamoides ou Los Zombies, ademais da paixón polas texturas densas pero cativadoras de grupos como The Charlottes, Lush ou Pale Saints. Agora, no 2014, publican Xeristar, un mini-LP 10” con seis cancións que supón un novo punto e seguido dun dúo que aínda ten moito que contar.

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión