Concello da Coruña

Concello da Coruña

NINONINO: Korokati + When Nalda Became Punk + Roque Romero

Korokati e When Nalda Became Punk son os grupos encargados de cerrar o ciclo NINONINO! nun último concerto que será ilustrado polo debuxante coruñés Roque Romero

Cando:

16/05/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

NORMAL

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Krkt, é a abreviatura de Korokati, proxecto musical e discursivo nado no ano 2010 a través dunha primeira demo chamada Morte ao arquitecto. Sintetizadores, secuenciador, guitarra eléctrica e vocoders son os recursos que Roberto Casteleiro (Koroiev, Fagot e Popota, Federico Flesfa) emprega neste proxecto persoal.

When Nalda Became Punk é un grupo pop de Vigo formado por Elena Sestelo, Roberto Cibeira e Antonio Llarena. Tras darse a coñecer cun single na discográfica inglesa Pebble Records (2011), o ano pasado editaron o seu primeiro álbum A farewell to youth para o selo norteamericano Shelflife Records. Ademais, entre outros concertos, tocaron no festival británico Indietracks. En marzo deste ano publicaron Indiepop or Whatever, un EP de catro cancións tamén para Shelflife Records, iniciando os concertos de presentación no Madrid Popfest 2014.

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión