Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nelson Quinteiro

Despois de máis de dez anos dedicado ás artes escénicas (particularmente ao teatro de rúa e ao cabaré), Nelson Quinteiro retoma a súa carreira musical como cantante co seu primeiro traballo discográfico Orquesta Gharbo!

Cando:

07/02/2014

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Un disco gravado grazas a un proxecto de crowdfunding no que se arroupa dun nutrido grupo de artistas para crear un traballo que chega ao Teatro Colón como punto de partida do seu lanzamento.

Se hai algo característico de Nelson Quinteiro á hora de empregar a súa voz é o uso de pedais de loop, delay ou ecualizadores sobre os que arma polifonías, xogos vocais ou dende os que dispara bases de percusión sampleadas, escenas sonoras ou outro tipo de recursos tecnolóxicos que converten as melodías tradicionais galegas e as músicas do mundo en algo completamente vixente e actual.

Acompañado de artistas como Álex Lorenzo (guitarras), Fran Castro (teclado, baixo), Pulpiño Viascón (serrucho máxico, zandrum, percusións), Eduardo Méndez “Dubi” (saxo tenor e sorprano, frauta traveseira), Silvia Penide, Xandre Outeiro (Projecto Trèpia), María López (Faltriqueira) ou un coro de homes de agrupacións como “Os Estalotes” ou a coral “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela levou adiante un disco moi interesante rico en matices e que presenta no Teatro Colón nun espectáculo no que a bagaxe escénica de Quinteiro aflora para conformar unha montaxe que vai moito máis alá da esfera musical.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión