Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ñam!

Esgotadas localidades.

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de 1 a 6 anos e público familiar.

* Capacidade limitada a 100 espectadores máximo.

Cando:

23/09/2012

Xa rematou

Horario:

12.30 horas.

Duración:

30 minutos + 10 minutos de intervención co público no encontro e a despedida.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 5 €.

Abono 3 (familiar): 12 € (inclúe como mínimo a un adulto e a un menor).

Comer é un pracer, máis se antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo. A min encántame o doce! Pois eu prefiro o salgado!

Facer unha receita e facela ben non é tan fácil como parece. Hai que ter bos ingredientes, mesturalos na orde precisa e con agarimo. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita! Como saberán esas novas galletas?

"Ñam!" é un espectáculo envolvente, creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, cheirar, sentir e saborear en familia.

Ñam é a nova proposta de Caramuxo Teatro para o público máis pequeno.

 

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho da praza de Ourense: de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h, de luns a venres, excepto festivos.

Despacho do Ágora: dende unha hora antes do espectáculo. 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión