Concello da Coruña

Concello da Coruña

Múltiplos. Carpe Diem Editions

Formada por unha selección de edicións limitadas de obras de artistas que integran a programación de Carpe Diem Arte e Pesquisa, importante centro de produción de arte contemporánea en Lisboa.

Cando:

Dende o 10/12/2013 ata o 31/01/2014

Xa rematou

Horario:

11 a 14 horas e 17 a 21 horas de luns a venres.

Sábados, con cita previa.

Enderezo:

Galería Vilaseco

Preséntase como un gabinete de coleccionista, un espazo aberto no que o espectador poderá gozar de propostas de máis de 40 creadores actuais, todas elas accesibles e de calidade. Durante o percorrido da exposición poderase contemplar unha proxección sobre o proceso creativo.

As obras, en pequeno formato e edición limitada de 30 (+ 3 PA), son xeralmente impresións fotográficas bidimensionais e acompáñanse dun certificado que garante a autenticidade da súa obra.

Cada Múltiplo é o resultado da colaboración directa entre o artista e Carpe Diem Arte e Pesquisa, dando así continuidade ao proxecto expositivo.

Múltiplos – Carpe Diem Editions naceu hai preto de catro anos, dende as primeiras exposicións de Carpe Diem Arte e Pesquisa. Hoxe conta coa produción de máis de 70 múltiplos e vai crecendo con cada ciclo de exposicións, ata o punto de que algunhas edicións xa se esgotaron.
En definitiva, este proxecto de edicións é unha prolongación natural do centro de arte contemporánea lisboeta, e un dos obxectivos que lle interesa á Galería Vilaseco Hauser con esta mostra é facilitar o acceso á arte contemporánea, permitíndolle ao público adquirir obras contemporáneas a prezos accesibles, e ao mesmo tempo preténdese apoiar esta interesante proposta artística.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión