Concello da Coruña

Concello da Coruña

Moriana

Fotografías de Roi Alonso, de 60x60 impresas sobre papel Art Smooth e marcos de madeira

Cando:

Dende o 03/05/2014 ata o 28/06/2014

Xa rematou

Horario:

- martes a sábado: 10.30 a 14 horas e 17.30 a 20 horas
- domingos e festivos: 10.30 a 14 horas

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga

Prezo:

Entrada libre.

Moriana é unha das cidades que o escritor Italo Calvino describía no seu libro “As cidades invisibles”, unha sorte de relatos que supostamente Marco Polo contaba ao emperador dos tártaros Kublai Khan.
Preséntansenos as cidades a través de pequenos detalles, sensacións, cheiros...; unha serie de elementos que serven para que na nosa mente se xere unha idea da cidade imaxinaria.
A idea deste proxecto é crear esa cidade inexistente a partir do real. Estas imaxes pretenden ser os pequenos detalles que lle axuden ao espectador a xerar a cidade. Sendo os edificios, os seus ocos e a contorna as palabras e a maneira de compoñelos, o punto de vista e a xeometría da arquitectura as frases que conforman o texto.
Esta cidade resultante non é máis nin menos certa que a real e con todo é imaxinaria e persoal. É unha cidade intencionada que forma parte do conxunto de cidades infinitas que existen nela mesma. Pero só esta é Moriana.

Roi Alonso
Nacido en Vigo con residencia actual na Coruña pasando por Cariño, O Grove e Dubai. Estudos de arquitectura en ETSA da Coruña ata o 2006.
Traballando comp arquitecto dende o 2004 no estudo de arquitectura A-cero na Coruña.
Socio de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos). Fotógrafo autodidacta. Uso a fotografía como un modo máis de reflectir a arquitectura.
Busco a composición, a xeometría, a abstracción... tratar de illar o obxecto e centrarse na imaxe independentemente do seu significado ou reducíndoo a un conxunto de liñas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión