Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mitoloxías

Manuel Vilariño, tanto nas súas fotografías comoo nos seus poemas despregou unha estética que sedimenta o drama e o duelo, as potencias vitais e a pulsión tanática, o fulgor do sublime e a esperanza de que algo suceda nese claro do bosque solitario.

Cando:

Dende o 24/10/2013 ata o 23/02/2014

Xa rematou

Enderezo:

O seu imaxinario mobilizouse por cuestións emotivas, como nos seus intensos retratos femininos ou na serie portentosa das Bestas involuntarias, onde o animal se pon en relación coa ferramenta, como se estivese liberalizando a tensión entre terra e mundo sobre a que Heidegger meditou na orixe da obra de arte. A paixón metafórica de Vilariño lévao a perseguir constantemente unha dimensión orixinaria da alteridade, a tratar de atrapar, coa astucia do cazador, a vida. 

Manuel Vilariño está, en todos os sentidos, atento ao que aparece, tensado no tempo sombrío da aparición. Se mencionou en distintas ocasións a importancia que ten para a súa estética a escritura da aurora de María Zambrano, tamén se podería considerar que a súa mirada está atenta aos mínimos resplandores, aos signos fantasmais e apenas perceptibles, perdidos na memoria, evocados nostalxicamente, como o parpadeo dos vagalumes. Seguramente Manuel Vilariño comparte con André Breton a intención de non deixar que se enmarañen os camiños do desexo, cando o que un busca é contemplar o que voa e a presa fundidos nun resplandor único. Os acontecementos da arte aseméllanse a unha canción de sentinela para escorrentar os medos na espera. Aquí a espreita non xorde, nin moito menos, da indiferenza, senón dunha paixón guiada polas pegadas que, en verdade, son para sempre enigmas. A partir desas pegadas, Vilariño elabora a súa mitoloxía persoal, que non se reprega no modo do solipsismo senón que reelabora imaxes arquetípicas e introdúcenos, en certo sentido, no inconsciente colectivo.
No caso de Manuel Vilariño o mito ten que ver cun acto decidido de separación con respecto ao fluxo informativo, pero sen caer nin na nostalxia do simbolismo clásico nin na ficcionalización dun futuro distópico. En realidade, o que está a reivindicar Vilariño é, máis que unha mitoloxía definida, un conxunto de obsesións, porque finalmente é aí onde está a materia da arte. Poida que as súas fotografías teñan carácter apotropaico (como aquelas imaxes que, no mundo romano antigo, servían para conxurar, afastar ou anular os malos espíritos). Son imaxes que nos formulan o enigma da inmaterialidade da materia, forzándonos a captar a súa respiración. Toda a súa obra é un recordo de sombra, remembranza orixinaria da Perda, isto é, abismo da melancolía.

Contemplando os animais mortos de Vilariño, retratados de forma monumental ou colocados sobre leitos de especias, dá a impresión de que estivesen entregados á fantasía. Eses seres non revelan o estado de putrefacción, como se Vilariño quixese subtraer o cadáver dese cru proceso que o descompón. Talvez aquilo ao que está, en todo momento, aludindo, sexa ao que se conserva grazas á sombra, á terra como reserva poética e vital, ao baleiro que permite a articulación do desexo. Existe unha enigmática e fermosa canción da terra, e este fotógrafo acolle, no seo da serenidade contemplativa, o máis fondo dos impulsos poéticos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión