Concello da Coruña

Concello da Coruña

Misterio cómico

Teatro do Morcego volve cunha nova versión de Misterio cómico ou orixinalmente Misterio bufo, texto de Darío Fo co que obtivo dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o portugués Júlio Cardoso.

Cando:

28/02/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Escrito na súa primeira versión en 1969, continuamente representado e modificado en función da resposta do público, Misterio bufo está considerado xunto con Muerte accidental de un anarquista a obra máis importante de Darío Fo. Así, Misterio bufo ao lago de Muerte accidental de un anarquista, é o texto de Fo máis representado, practicamente en todos os países e linguas do mundo, e, ao mesmo tempo, o máis odiado e combatido dende as altas instancias vaticanas.

Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito, como doutros temas, reivindica o verdadeiro coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular. De feito, di: ‘Máis que un longo paso cara atrás, dei un salto mortal ao revés, no sentido de que evitei rastrexar as orixes con actitude de arqueólogo. Busquei tamén o medieval que asoma en Molière e na Comedia da arte, en toda esa riqueza e que estes comediantes fixeron da lección medieval de entreter o público'. Nas introducións ás diversas escenas da obra, Fo deixa moi clara a diferenza entre a cultura aristocrática, de elite e allea á realidade, e a extraordinario forza comunicativa desa cultura popular que en toda a súa vida de autor, actor, director, de artista comprometido, non se cansou de invocar, reivindicar e reinventar para falar de temas do noso tempo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión