Concello da Coruña

Concello da Coruña

Micro Cabaré. Caligrafías Torcidas dun Neno Perdido

Despois dunha traxectoria profesional de dez anos investigando arredor do cabaré, Nelson Quinteiro aborda a súa primeira montaxe teatral en solitario, un show en clave de cabaré con monólogos e con moito sentido do humor.

Cando:

28/09/2013

Xa rematou

Horario:

22 horas

Enderezo:

Latuerka 27

Prezo:

5 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Nel fai un percorrido a diferentes personaxes e textos propios que viron luz en diferentes montaxes da Compañía Femme Fataleao longo destes últimos anos, dirixidos polo autor para outros actores e actrices pero que desta vez fai seus coa supervisión dun grupo de directoras expertas no xénero.
Un espectáculo especialmente concebido para o café-teatro, o teatro de sala ou o teatro en rúa e espazos non convencionais. 

SIPNOSE:

Afogado pola crise mais sen perder o sentido do humor, un mestre de cerimonias debe seguir abrindo o seu negocio para subsitir e pagar as súas débedas. Nun local bastante máis modesto e xa sen músicos, sen luces, sen corpo de baile e co pouco que escapou ao empeño no monte de piedade, á estafa das preferentes ou ó desfiuzamento do seu anterior local, o director e único supervivinte deste cabaré amosará que con actitude e con ganas o espectáculo pode continuar. Un compendio de pildoriñas de micro-cabaré nun exercicio de cinismo, humor ácido e sinceridade brutal que se convirte así nunha metáfora da situación actual e por que non… tamén personal.

GUIÓN:

Nelson Quinteiro.
Textos creados para espectáculos como “Lerchas”, “Varadas”, “As Nenas Perdidas”, “Master Class Cabaret” ou “Bonjour Bonjour!” da Compañía Femme Fatale. Sobre bases de autores como Darío Fo e Franca Rame, Eduardo Galeano ou Félix Sabroso.

DIRECCIÓN:

Nelson Quinteiro.
Colaboran na dirección escénica de cada pildora de micro_cabaré actrices como Helen Bertels (Matarile Teatro) Iria Pinheiro (Detour, Cabraret…) Sabela Amado-Rojo (mariclown, 3dtrans), Cristina Moreira, Cristina Mariño (3dtrans), María Polo, Uxía Vázquez (Compañía Femme Fatale) ou Lorena Gómez. 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión