Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercedes Peón SÓS

Mercedes Peón tráenos SÓS, elixido quinto mellor disco do mundo pola prestixiosa World Music Charts Europe no 2011.

Cando:

15/02/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

7'00, 9'00, 11'00, 15'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Un traballo discográfico e un directo rabiosamente actual. Unha experiencia sonora con gran contido social e único polo estado enerxético que a artista, como é habitual nela, é capaz de transmitirlle ao espectador, involucrándoo dende a primeira composición nunha viaxe sonora a través da súa experiencia de vida, de temas comprometidos sempre presentes nos seus discos: feminismo, minorías, desaparición dos idiomas, desigualdade social, etc.

Con Sós, Mercedes Peón, propón un espectáculo "á italiana" coa participación do público e dalgunha persoa local ou ben un "site specific", unha intervención sonora personalizada para cada lugar, adaptada ao contexto e ao espazo que acolla, na que o espectador tamén xoga un rol activo. Mercedes Peón propón así un percorrido sonoro co público ao seu lado, contando coas persoas que a acompañan, nun intento de ocupar un espazo común: cidadanía e artista.

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión