Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mensaxe sen botella

Caramuxo Teatro regresa ao teatro de actor da man da directora madrileña Olga Margallo. Mensaxe sen botella é unha fantástica historia protagonizada por Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Suso Jalda.

Cando:

27/10/2013

Xa rematou

Horario:

18 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e dedícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ao seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumond encárgase de entregarllas a Gastón, o seu amigo e compañeiro alado, para que este as deixe voando no alfeizar da ventá do seu destinatario.

Dumond é feliz na súa rutina diaria, pero un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella ...

Caramuxo Teatro presenta un espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse.
Unha proposta emotiva, visual e poética que mestura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente. 

Idade recomendada: a partir de 5 anos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión