Concello da Coruña

Concello da Coruña

Medeski, Martin & Wood

A importancia artística deste trío é fundamental polo seu destacado labor de achegamento do jazz ao público máis novo, constituíndo un auténtico fenómeno de masas en Estados Unidos e empezando xa a facerse populares no resto do mundo.

Cando:

04/11/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

10 euros e 15 euros


Aínda que se lles considera un dos principais expoñentes do jazz “alternativo”, están a atraer a unha audiencia moito máis ampla. Hai que sinalar ademais as súas colaboracións, xuntos e por separado, con músicos das tendencias máis diversas. Gravaron con Iggy Pop e John Scofield e compartiron escenario con The Roots, Beck, A Tribe Called Quest, Hermeto Pascoal e Phish. No Festival de Jazz de San Sebastián de hai uns anos, deixaron un extraordinario recordo coa integral de todo o seu repertorio, en formato eléctrico e en acústico, e moitos afeccionados estarán a desexar verlles de novo.

Medeski, Martin e Wood cruzaron repetidamente os seus camiños artísticos durante os anos 80, colaborando con John Zorn, John Lurie e Bob Moses, entre outros moitos. A primeira reunión “oficial” do tres foi en 1991, cando deron un concerto no Village Gate neoiorquino. A partir de entón, decidiron ir xuntos e en 1992 editaron pola súa conta o seu primeiro disco, Notes from the Underground. Pronto empezaron a facer xiras por todo Estados Unidos, e entón Medeski pasouse do piano ao órgano Hammond B-3, máis fácil de transportar.

En 1993 apareceu, no selo Grammavision, It's a Jungle in Here, que tiña arranxos para vento do futuro fundador de Sex Mob, Steven Bernstein. O medley entre Bemsha Swing, de Thelonious Monk, e Lively Up Yourself, de Bob Marley, xa era suficientemente elocuente do que esta banda quería facer.

 Friday Afternoon in the Universe (1995) foi o disco que consagrou a Medeski, Martin & Wood, que continuaban orientándose cara ao groove, algo confirmado en Shack Man (1996). As súas incansables xiras polo país e un par de colaboracións en directo con Phish situáronlles entre as bandas máis soadas de Estados Unidos.

A finais de 1996, o grupo comezou un retorno cara ás súas raíces de vangarda, converténdose nos anfitrións dos denominados “Shack Parties”, que se celebraban semanalmente na Knitting Factory de Nova York. Entre os invitados habituais estaban Vernon Reid e DJ Logic. En 1997, editaron Farmer's Preserve, un disco libre e fermoso, no seu propio selo, Indirecto. DJ Logic uniuse á banda para as xiras, e pouco despois veu Combustication (1998), a súa primeira gravación para a prestixiosa casa Blue Note e tamén a súa primeira colaboración co produtor Scott Harding, o mesmo de The Word, Prince Paul, Deltron 3030 e Wu-Tang Clan. En Combustication había un forte ton hip-hop, sen abandonar a liña de improvisación jazzística que caracteriza todo o labor do trío.

Hai que sinalar ademais as colaboracións do tres, xuntos e por separado, con músicos das tendencias máis diversas. O trío gravou con Iggy Pop e John Scofield e compartiu escenario con The Roots, Beck, A Tribe Called Quest, Hermeto Pascoal e Phish. Medeski gravou un disco con The Word e foi músico de estudo para Sex Mob, John Scofield e a peruana Susana Baca. Martin puxo en marcha a súa propia casa discográfica, Amulet Records, co obxectivo de editar discos de percusión seus e doutros, e ademais organiza na galería de arte Exit Art, de Manhattan, as Turntable Sessions, concertos nos que se combinan DJs cos músicos máis experimentais de Nova York. Wood fixo xiras e gravou con Stanton Moore, Bob Moses e Karl Denson.

Con toda esta actividade, a banda alcanzou novas cotas de popularidade. A súa influencia é evidente no renacemento dos tríos con órgano que tanto proliferan ultimamente. Outros grupos incorporaron un DJ antes que eles, pero as súas actuacións con Logic contribuíron a convertelo en case unha moda. Aínda que a Medeski, Martin & Wood considéraselles un dos principais expoñentes do jazz “alternativo”, están a atraer a un público máis amplo que moitos dos seus colegas do jazz “mainstream”.

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión