Concello da Coruña

Concello da Coruña

Martin Taylor

Martin Taylor é un grande innovador na guitarra e moi bo concertista onde combina virtuosismo, emoción, humor, cunha gran forza escénica. É considerado o principal guitarrista solista de jazz mundial.

Cando:

27/11/2013

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

10 euros e 15 euros.

Martin Taylor obtivo en 1987 un nomeamento aos Grammy polo seu disco “Together At Last”.
O seu disco Artistry (1992) lanzouno internacionalmente. Foi un álbum que recibiu moi boas críticas e mantívose doce semanas no HMV Jazz Charts.
Concedéronlle dous doutoramentos: o Doutor Honorario da Universidade de The West de Scotland en 1999 e o Doutor Honorario do Real Conservatorio de Scotland no 2010. No 2002 fixérono membro da Excelentísima Orde do Imperio Británico polos “seus servizos á música jazz”. Concedeullo a Raíña Isabel II en persoa durante a gala de The Queen's Birthday Honours List no
Palacio de Buckingham.

Recibiu multitude de premios, por exemplo: Un BBC Radio 2 “Heart of Jazz” pola súa carreira musical, máis de 10 premios British Jazz, un International Guitar Foundation e dous Lifetime Achievement Awards, entre outros.
No terreo do celuloide participou na BSO da película “Milou en Mai” e a canción “Green Lady” esta incluída na película “The Killing of John Lennon”. Tamén realizou bastantes cancións para a pequena pantalla, por exemplo, o anuncio de “Nicole-Papa” de Renault Clio.

Entre os seus proxectos solidarios atópanse: Child Bereavement Charity, My Wish Foundation de Sri Lanka e é vicepresidente de Scotland's Buddhist Vihara.

No ano 2005 publicou a súa autobiografía “Martin Taylor- Autobiography of a Travelling Musician”.

Colaborou con: Stephane Grappelli, Jeff Beck, Chet Atkins, Bill Wyman, George Harrison, Dionne Warwick, Diane Schuur, Jamie Cullum, Chet Atkins, Eric Clapton, Chris Rea, Bill Wyman, Liza Minelli, Sacha Distel e Bryan Terfel.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión