Concello da Coruña

Concello da Coruña

Malas Intenciones

Malas Intenciones compóñena 5 músicos de diferentes bandas da Coruña que deciden xuntarse para formar unha banda tributo a Héroes del silencio.

Cando:

19/10/2013

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas ás 22.30 horas.

Enderezo:

Sala Mardi Gras

Prezo:

6 euros e 5 euros en venda anticipada.

Malas Intenciones compóñena Quique (batería-P. Andreu), Zalo (baixo-J. Cardiel), Carlos (voz/harmónica-E. Bunbury), Pache (guitarra-Pacheslavskyi) e J. Carlos (guitarra Valdiviana). 5 músicos que, tras coñecerse a finais do 2012, deciden formar unha banda tributo a Héroes del silencio facendo honra a unha das súas grandes cancións “Malas intenciones”.
Emocionar e conseguir esa faísca que poida facer sentir en cada concerto a Héroes é o que a banda cun cantante bunburizado matizando fielmente cada tema e un guitarrista completamente valdiviano cravando cada detalle, intenta transmitir en cada un dos seus concertos.

DÍA H: O día H é unha homenaxe mundial ao grupo Héroes del silencio. A primeira edición realizouse o 17 de outubro de 2008, no Pub Chamán de Aspe (Alacante-España), un ano despois do World Tour 2007 que a banda realizou dez anos despois da súa disolución. Sendo esta a sexta edición que se organiza mundialmente do “día H”.

Este concerto que ofrece a banda ten como motivo principal render esa homenaxe mundial uníndose ao evento do DÍA H.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión