Concello da Coruña

Concello da Coruña

Maiojazz 2024: Contradictio - Xose Miguélez & Jena-Michel Pilc quartet

Con CONTRADICTIO o saxofonista Xose Miguélez consolídase na escena de jazz internacional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/05/2024

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada con invitación

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/en-escea/

Organiza:

Deputación Provincial da Coruña

Después da grande acollida de ONTOLOGY, álbum publicado pola discográfica americana Origin records, o saxofonista galego Xose Miguélez e Jean-Michel Pilc, un dos pianistas máis destacados do panorama internacional, deciden crear un novo cuarteto, para o que contan con dous dos músicos máis sobresalientes do jazz portugués, Carlos Barretto no contrabaixo e Marcos Cavaleiro na batería. Froito desta reunión nace un novo traballo discográfico, o segundo para a discográfica de Seattle, baixo o nome de CONTRADICTIO que consegue unha resposta extraordinaria pola crítica nacional e a internacional. O álbum aparece dentro dos máis destacados do ano nas listaxes de xornalistas do jazz como Sammy Stein (Jazzviews), Mirian Arbalejo (Jazz Journalist Asociation), Rudy de Juana (CaravanJazz), Salvador Catalán (Diario de Sevilla) ou Lois Atanes (O recanto do Corcovado), entre outros. O cuarteto presenta, por primeira vez, nesta edición do MAIO JAZZ música dos dous dous discos anteriores, que foron galardoados nos "Premios Martin Códax da músca galega" (eds 19 e 22) e composicións do que será o seu próxiimo traballo.

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: día do concerto desde 2 h antes (se quedan entradas)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión