Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Magia Potagia"

O mago Juan Tamariz ofrecerá os mellores números da súa carreira, cargados de humor, telepatía e improvisación. As achegas de Tamariz á arte e á historia da maxia corrobórano como un mestre do xénero.

Cando:

21/02/2014

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

O título de Magia Potagia indícanos as súas características: maxia e humor, maxia e alegría. Ou sexa, a emoción do desexo imposible pero colmado e feito posible unido ao encanto e a marabilla do fascinante: a arte da maxia.

Maxia, telepatía, humor, misterio, improvisación e emoción forman parte do repertorio desta proposta na que o público (que o desexe) ten un papel activo. O espectáculo está composto por sete bloques nos que se sucederán diferentes números de maxia, que van dende os xogos colectivos ata efectos máxicos pequenos e íntimos. En resumo: hai maxia e asombro, pasmo e misterio, pero tamén alegría e risas.


Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión