Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lumen, de Meres Barreira

Por segunda vez, a Casa Museo Casares Quiroga acolle unha mostra da obra de Meres Barreira, nesta ocasión co título LUMEN.

Cando:

Dende o 15/03/2014 ata o 27/04/2014

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado: 10.30 – 14.00 e 17.30 – 20.00 h.
Domingos e festivos: 10.30 – 14.00 h.

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga

Prezo:

Entrada libre.

Meres Barreira é pintora de vocación e acuarelista por definición, xa que en canto descobre esta técnica, atopa o seu medio de expresión idóneo. Segundo as súas propias palabras, “a acuarela é a pintura do espírito”, chea de matices e de posibilidades, perfecta para plasmar o universo interior da artista.

Así, tanto nas súas series abstractas como nas escenas figurativas, Meres expresa emocións profundas, sen ningún tipo de máscara e cunha sinceridade absoluta, pintando tal e como ela é ou se sente nese momento.

Ademais, afástase conscientemente do academicismo e opta pola experimentación, un feito que a mantén traballando a diario no seu estudio. Esta faceta pódese ver, principalmente, nas súas abstraccións, pola maneira innovadora de tratar a acuarela, o uso de técnicas mixtas ou a propia elección do papel (por exemplo, acuarela sobre papel negro).

Varias das acuarelas de Meres Barreira foron seleccionadas en dúas edicións do Premio Internacional de Pintura Julio Quesada. Tamén expuxo as súas obras en galerías e museos fóra das nosas fronteiras, en Francia (Premio Médaille de la Ville no 2009) e en diferentes cidades europeas, como Bruxelas e Múnic.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión