Concello da Coruña

Concello da Coruña

Los Sabandeños

Durante os anos sucedéronse as súas xiras e concertos multitudinarios en infinidade de cidades, tanto na Península, como noutros países e, como non, en Canarias. Sen dúbida, o mellor grupo folclórico nacional con maior proxección internacional.

Cando:

Dende o 21/06/2014 ata o 21/06/2014 ás 23:00 , os sábados

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón

Transcorreron 50 anos dende que Los Sabandeños comezaran a súa actividade, mantendo un labor musical ininterrompido, reflectida en máis de 70 traballos discográficos; un valioso arquivo sonoro que recolle parte do legado tradicional, ademais de cancións de creación propia e versións adaptadas. Non só abordaron os distintos xéneros que compoñen o variado repertorio folclórico canario senón que, paralelamente, dedicáronse a difundir o rico cancioneiro latinoamericano e, máis recentemente, o bolero. Tal foi o impacto da traxectoria sabandeña, que se converteron nun obrigado punto de referencia para a música tradicional, que vai máis aló do ámbito canario, acumulando numerosas distincións, premios e recoñecementos neste tempo.

Fóra do Arquipélago Canario, Los Sabandeños levaron a súa música con grande éxito por toda a xeografía nacional e realizaron concertos en Bélxica, Italia, Portugal, Estados Unidos, México, República Dominicana, Porto Rico, Cuba, Venezuela, Brasil, Uruguai, Arxentina ou Colombia. Os seus discos, con máis de 2.000.000 de copias vendidas, foron editados en moitos destes países, ademais de Xapón.

Os seus últimos traballos contaron con destacadas colaboracións, como as de María Dolores Pradera, Pablo Milanés, Soledad Jiménez, Lucrecia, Caco Senante, Pedro Guerra, Carlos Aguirre, entre outros. Así mesmo, no 2009 editaron o seu disco ‘Te canto un bolero', en colaboración con María Dolores Pradera, que obtivo un nomeamento aos Grammy Latinos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión