Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Los nadie", de Juan Sebastián Mesa

Rodada en branco e negro en sete días, cun orzamento declarado de 2.000 dólares, a primeira longametraxe de Juan Sebastián Mesa constitúe unha crónica de dúas xornadas na vida de cinco mozos punk e artistas da rúa en Medellín, Colombia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 11/04/2024, 12/04/2024, 13/04/2024

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

84 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, prezo único: 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.

• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Eses mozos son parte dun "dos movementos máis enigmáticos e radicais do noso tempo", afirma Mesa, quen sostén que a súa película "fala dunha xeración de soñadores desencantados que senten que necesitan abrazar o descoñecido e explorar o mundo por si mesmos".

Mediante a filmación deste ecléctico grupo de rapaces e rapazas que tratan de sobrevivir con astucia nas rúas, Mesa fai moito máis que un retrato de grupo: retrata a loita diaria das clases baixa e media-baixa, así como unha cidade que, ignorando unha ampla periferia da súa poboación máis nova, pon nas súas mans un perigoso pero infinito patio de recreo.

Con Esteban Alcaraz e María Camila Castrillón

Colombia 2016

84 minutos - VO

Non recomendada para menores de 12 anos

2019: Festival de San Sebastián: Premio Novos Directores

Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/0iNycKRzf38

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (agás festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión