Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Los Mácbez"

Tras o título de "Los Mácbez" atopamos o último proxecto do director Andrés Lima, un dos artífices da renovación dos conceptos da posta en escena do teatro español. A montaxe é unha adaptación dun dos textos máis coñecidos de William Shakespeare, revisado polo autor e dramaturgo Juan Cavestany.

Cando:

Dende o 28/03/2014 ata o 29/03/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Ata onde é capaz de chegar un ser humano para conseguir o que ambiciona? E dous seres humanos? Esta é a esencia de Los Mácbez, o poder da parella. Para ben e para mal. Dáse por feito que o protagonista é Macbeth, pero… e a Señora Macbeth? A máis famosa das Ladies. Creo que Lady Macbeth abre un capítulo fundamental para falar de todas as ‘señoras de .'…A parella: o elemento fundamental no que descansa a estrutura básica da nosa sociedade, a familia.

Los Mácbez é unha obra de parellas: os Mácbez, os Méndes (os Macduff), a parella de asasinos. As dúas fillas de Duarte (os dous fillos de Duncan). Todos ambicionan ser Presidente (o Rei Duncan). E ambiciónano porque llelo dixeron unhas bruxas, que son tres… O trío perfecto que rompe a parella perfecta. O sobrenatural, a bruxería, a conexión co ‘outro lado', co ‘lado escuro', co caos, as forzas do mal que axudarán aos Mácbez a conseguir ‘o absoluto dominio soberano e o poder'. (Lady Macbeth. Acto I. Escena V).



Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión