Concello da Coruña

Concello da Coruña

Los Gofiones

Considerados pola crítica como un dos mellores conxuntos musicais de Canarias.

Cando:

22/11/2013

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Na actualidade Los Gofiones está composto por 38 músicos instrumentistas e cantantes de diferentes idades, ideas, caracteres e profesións, convivindo hoxe en día seis xeracións no grupo.

Los Gofiones nace en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de setembro de 1968 cando un grupo de mozos, amantes das tradicións do seu pobo, se reúne en El Jardín Canario (Gran Canaria) co afán de realizar labores de investigación e rescate no campo do folclore canario. Naquela reunión tamén estiveron presentes personalidades do mundo da cultura canaria como Agustín Millares, Pepe Alemán ou Cho-Juaá. Entre todos estableceron as bases do que foi, ao longo dos últimos 40 anos, un dos grupos musicais emblemáticos da cultura canaria.

Co paso do tempo, a proxección musical desta formación traspasou as fronteiras insulares. Son coñecidos dentro e fóra do territorio nacional grazas ao rigoroso traballo desenvolvido ao longo da súa xa dilatada traxectoria.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión