Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Llueve"

Exposición de Óscar Cabana, que presenta os seus traballos recentes utilizando a nosa cidade como fondo, quixo darlle protagonismo á auga, elemento cada vez máis importante na súa obra e na que sorprenderá polo gran formato das pezas.

Cando:

Dende o 16/05/2014 ata o 30/06/2014

Xa rematou

Enderezo:

Atlántica Centro de Arte

Constancia, traballo, dedicación, análise, perseveranza, son características da personalidade de Óscar Cabana, as cales quedan perfectamente plasmadas no seu traballo e traxectoria artística.
A evolución dende os seus inicios cando lembramos a época dos skyline da Coruña, cos seus recoñecidos guindastres ata agora pasaron anos de intenso traballo e evolución. Sempre fiel ao seu estilo que é o que realmente define e marca a un artista, a obra de Óscar mantén dende o principio a súa paleta de cor: branca, negra e vermella, pero conseguiu dominar todas as tonalidades posibles con estas cores.
A paisaxe urbana segue sendo o fío condutor do seu traballo, recollendo a esencia de cada un dos espazos e zonas que reflicte nos seus cadros.
Indiscutiblemente tamén neste aspecto creceu dunha maneira excepcional nos últimos anos, pasando polas etapas dos skyline, as series con guindastres, as famosas perspectivas aéreas das cidades, ata as novas visións das rúas e zonas que nos presenta nesta nova exposición.
Tecnicamente non parou de investigar e desenvolver un traballo dunha maneira moi coidada, as siluetas, a perspectiva, as texturas, os materiais usados nos seus fondos e agora o estudo da luz, Un aspecto co que conseguiu aumentar aínda máis a experiencia do espectador ante a súa obra.
Óscar, ao longo da súa evolución gañou en sentimento, en seguridade, en liberdade, unha liberdade que vemos ao ver os novos espazos que reflicte, nos que se permite licenzas para darlle un sentido e aspecto máis persoal, ata nos introduce a xeolocalización das obras, desenvolvendo obras de grandes dimensións, onde xera un novo mundo.
Todos estes elementos únense nunha mostra que nos permite coñecer a un Óscar Cabana maduro, seguro do seu traballo, máis persoal, atrevido e cheo de motivación para seguir desenvolvendo o seu bo facer. En definitiva, un ser humano e un artista con grandes valores e calidades a quen desexo que continúe pola senda do traballo, motivación e humildade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión