Concello da Coruña

Concello da Coruña

«Lixo exquisito» nova exposición no Aquarium Finisterrae

A mostra está formada por pezas artísticas realizadas a partir de residuos recollidos do mar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024

Horario:

INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10.00 h a 14:00 h

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Xeral: 10,30 euros

Reducida*: 4,12 euros

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 24 de xuño de 2024, con reserva previa de entradas)
  • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio de 2024, con reserva previa de entradas)
  • Día dos Museos (18 de maio de 2024, con reserva previa de entradas)
  • Semana da Ciencia (do 9 ao 17 de novembro, con reserva previa de entradas)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantes da Universidade dá Coruña, tras a presentación do carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos

Bono Tres Casas: 12,36 euros

Tarxeta Vente: 20,60 euros

Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65.

Contacto:

981 189 842

«Lixo exquisito» constitúe un referente en arte feita ao cento por cento con residuos mariños e está composta por 14 pezas escultóricas e 4 cadros colaxe creados pola asociación artístico-ambiental RetoqueRetro, da Coruña. Son obras que, a pesar da súa gran beleza artística, encerran unha mensaxe de alerta sobre a contaminación do medio ambiente por materiais que alteran os ecosistemas e teñen importantes prexuízos ecolóxicos e económicos.

As esculturas representan algunhas das especies mariñas máis comúns das nosas costas, como un cabracho realizado con cepillos de dentes, restos de xoguetes e escarvadentes de batea; unha pescada creada a partir dun pneumático retorto e a aleta das rodas dun Renault 6; un bonito que ten como parte principal a tapa dun váter; un golfiño confeccionado con dous asentos e a roda dunha bicicleta; unha centola cuxo cacho é un caldeiro dos que se usan nos barcos do palangre; un corvo mariño feito con 513 palliñas; ou un cabaliño de mar construído con 1.000 pinzas de roupa. Todos estes materiais, e todos cos que están construídas o resto das pezas, foron recollidos nas praias de Galicia.

RetoqueRetro, colectivo constituído polo trío de artistas Isabel García, Javier Serantes e Ana Lee, leva desde o ano 2012 percorrendo as praias galegas denunciando a contaminación plástica, investigando a orixe dos residuos e transformando en arte o lixo que trae o mar.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión