Concello da Coruña

Concello da Coruña

La Dolorosa Compañía

La Dolorosa Compañía é un dúo cómico-musical formado por Lúa Gándara (Fernanda Jiménez, cantante e artista multidisciplinar) e Rodrigo Cuevas (Jimeno Fernández, voz, acordeón e teclado, cantante e único sex-symbol da copla en activo).

Cando:

09/05/2014

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Latuerka 27

Prezo:

5 euros

COMPOÑENTES:

La Dolorosa Compañía é un dúo cómico-musical formado por
• Lúa Gándara (Fernanda Jiménez; voz): cantante e artista multidisciplinar que provén do free jazz e a improvisación libre, así como da performance. Neste espectáculo mostra o seu lado máis acedo, cómico e visceral. Unha voz impresionante combinada cunha actitude arrasadora que non deixa a ninguén indiferente.
• Rodrigo Cuevas (Jimeno Fernández; voz, acordeón e teclado): cantante e único sex-symbol da copla en activo; con formación clásica en piano, gran coñecedor da música tradicional ibérica e do cuplé. Unha voz redonda e potente que unida ao seu manexo do escenario engancha o público dende o primeiro momento.
Xuntos compleméntanse neste dúo artístico no que a emoción e a comedia se combinan coa exploración das delgadas liñas que separan a virtude e a decadencia, o marabilloso e o cutre. Ao abarcar tanto espectro temporal e cultural desta maneira tan desenfadada e interactiva, fanse adecuados para calquera tipo de público e ocasión.

Este espectáculo consta de 2 partes ben diferenciadas:
• COPLA PUNK (en canto a actitude): Fernanda e Jimeno rescatan as cancións máis sufridas do panorama coplero e cupletista español, influenciados por pinceladas de música mexicana, fados… todo aquilo que nos fale de sufrir dende un punto de vista irónico, unha traxicomedia.


• VERBENA PSICODÉLICA: na segunda parte, Fernanda e Jimeno sofren un strep-tease en directo transportándose a calquera época que lles apeteza e provistos dun teclado Casio ao máis puro estilo “rom”, deixando así pampo ao máis viaxado cunha combinación chea de sensualidade, poesía, decadencia, pasodobre, tecno-transo e danza oriental.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión