Concello da Coruña

Concello da Coruña

"La dama duende"

Nesta comedia de capa e espada elaborada en 1692, a protagonista é dona Ángela, unha moza viúva que desexa conquistar a don Manuel, o íntimo amigo dun dos seus irmáns. Pero, para cumprir o seu obxectivo, a muller primeiro deberá librarse da vixilancia dos seus celosos e posesivos irmáns, cos quen comparte o fogar.

Cando:

27/04/2014

Xa rematou

Horario:

19 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Ansiosa por ter liberdade e achegarse ao home que lle roubou o corazón, Ángela pon en marcha un enxeñoso plan a través do cal logra, mediante unha curiosa alacena, que a súa habitación quede comunicada co cuarto onde se aloxa Manuel. A partir de entón, a namorada, axudada pola súa criada Isabel, comezará a vincularse de forma misteriosa e máxica co recentemente chegado, quen, do mesmo xeito que o seu asistente Cosme, non deixará de sorprenderse ante as actitudes desta dama protexida polos seus irmáns.

Nesta obra, a acción desenvólvese nun ambiente urbano e cativa o público con certas escenas cómicas e enredos pero tamén con referencias que buscan espertar no espectador reflexións sobre o amor, os celos, as loitas das mulleres para facer valer os seus dereitos e a honra masculina.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión