Concello da Coruña

Concello da Coruña

Komos Teatro. "Después de la tierra"

Komos Teatro, dentro do Ciclo de Teatro Amateur, presentan "Después de la tierra", un espectáculo baseado na Antígona de Sófocles e na obra poética de Miguel Hernández.

Cando:

23/03/2014

Xa rematou

Horario:

19 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Komos Teatro créase no 2003, ano no que o IES Vicenta Ferrer Escrivá de Valencia abre as súas portas. Buscaba a creación dun grupo teatral que favorecese o desenvolvemento da educación en valores, cohesionase os distintos niveis educativos, dinamizase a actividade do centro.

Dende o inicio estableceron como principios fundamentais do grupo: a formación en arte dramática mediante o dominio do corpo, a voz e a interpretación; o fomento das relacións interpersoais e educativas entre alumnos dos distintos grupos e cursos, tomado conciencia da súa identidade como grupo e intentando tomar parte activa na sociedade na que viven; e, por último, internarse na cultura e civilización gregas mediante representacións dramáticas clásicas respectando fielmente os trazos e a linguaxe orixinais. Dende a súa creación son múltiples os premios que recibiron en encomio ao seu traballo, destacando os premios Buero de Teatro Joven organizados pola Fundación Coca Cola, os premios do Concurso Nacional de Grupos de Teatro Grecolatino organizado polo Ministerio de Educación ou o Certame Compitalia de Teatro Grecolatino, entre outros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión