Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2015

José Manuel Sande salienta o apoio á actividade artística local e a perspectiva pedagóxica e participativa do Festival Mar de Mares

O Concello súmase á programación do evento, que se estenderá ata o 29 de novembro, a través da súa colaboracións en tres das exposicións e máis dunha ducia de actividades

 

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, reafirmou na mañá deste xoves o apoio do Concello ao Festival Mar de Mares, que se presentou hoxe no Kiosco Alfonso e ao que o Goberno municipal se suma a través da colaboración en tres das exposicións que hoxe se inauguran en Palexco, a Fundación Luís Seoane e o propio Kiosco Alfonso. Asi mesmo o Goberno local presta apoio a unha quincena máis das actividades programadas, que se desenvolverán nos próximos dous meses en espazos expositivos, museos científicos, espazos públicos como os xardíns de Méndez Núñez ou O Parrote e establecementos comerciais e hostaleiros da cidade. “Un día completo”, sinalou Sande, en relación ás tres mostras que hoxe se inauguran, como son a retrospectiva do fotógrafo mariño David Doubilet (ata o 29 de novembro no Kiosco Alfonso),  ‘Luis Seoane e o mar. Liberdade, cadea, refuxio ou campa’ (na Fundación Luís Seoane, ata o 29 de novembro) e o Work in Progress ‘Somos Mar’, que os oito artistas desenvolven desde hoxe ata o día 30 en Palexco e cuxo resultado poderase ver no mesmo recinto ata o 29 de novembro. “Amosa unha vertente que apoia este Goberno local, como é a creación artística local, ademais dun traballo que favorece a interrelación e a interdisciplinariedade, o traballo colectivo”, salientou ao respecto o responsable municipal.

Durante a presentación, o concelleiro debullou algunhas das actividades do Festival que contan co apoio do Concello, como son a exposición “Cidade Azul”, que comeza esta fin de semana, e que se compón de dúas instalacións artísticas ao aire libre a cargo dos colectivos Basurama e Hábitat Social, “unha suma máis que suxerente de arte e intervención urbana desde a perspectiva social e pedagóxica, que é unha liña común coa acción de goberno”, apuntou o concelleiro, quen salientou tamén o seu compoñente didáctico, a través da participación nestas accións do alumnado da facultade de Arquitectura e a Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso.

Entre as actividades programadas, Sande destacou tamén ‘Arte Azul’, unha iniciativa que se desenvolverá no barrio da Peixería e no que participan unha serie de establecementos de hostelaría e comerciais con diversas accións que, como indicou o responsable de Culturas, “involucran o compoñente cidadán e buscan transformar a Peixeiría nun barrio azul”. Delas, Sande citou a modo de exemplo os ‘Contos do Mar’ de Cándido Pazó, a ‘Música con Cé’ da Orquestra Pantasma, o espectáculo ‘Marusía’ de Títeres Babaluva ou o ‘Microteatro Mariñeiro’ de La Tuerka Impro.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión