Concello da Coruña

Concello da Coruña

IX Ciclo de coros históricos. 1º concerto

Un encontro protagonizado por agrupacións corais dedicadas a preservar a historia da música coral en Galicia. Neste 1º concerto, coa actuación da Coral Ruada e Cántigas da Terra.

Cando:

20/10/2013, de 19:00 a 20:30

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Duración:

hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

3,00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados e socios de Cántigas da Terra: 2.00 €)

Venda de entradas:

- Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo).

- Despacho do Ágora: o día do concerto dende 1 h antes (pago en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Cántigas da Terra

Hai xa 130 anos que Pontevedra viu nacer o primeiro Coro Galego. Aos poucos, ducias de vilas galegas fóronse sumando a esta proposta de reivindicación do noso patrimonio musical, grazas en gran medida ao impulso das Irmandades da Fala.

Nacían así Cántigas e Aturuxos en Lugo, A Artística en Vigo, Os Enxebres en Ourense, Viva o Ribeiro! en Ribadavia, A Foliada en Noia, Airiños do Ulla na Estrada, A Troula en Sada... e tamén, os catro coros históricos que chegan aos nosos días.

Nove anos despois da primeira edición, seguimos celebrando o xerme de emoción pola Terra con tres domingos moi especiais e ao longo de tres concertos: o 20 de outubro, o 10 e 24 de novembro.

No primeiro concerto, a Coral de Ruada ofrece unha selección de melodías do seu rico arquivo musical. Cantos á beira do Miño e composicións que lembran a riqueza da terra ourensá. Ademais, Cántigas da Terra quere homenaxear a dous gaiteiros, Antonio Mato e Edmundo Vilariño, que viviron mil e unhas aventuras nas máis de dúas décadas que estiveron na entidade. Memoria viva para orgullo de todos nós.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión