Concello da Coruña

Concello da Coruña

In crescendo coa Banda Municipal de Música - Un Mar de Impresións

DIRECTOR CONVIDADO: JOSÉ ANTONIO GUERRERO

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/11/2019

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

de balde

José Antonio Guerrero González é director artístico-musical e pedagogo. Natural da localidade granadina de Illora . Actualmente é director titular da Orquestra Sinfónica Cidade de Atarfe (OSCA), Orquestra Centro Música (OCM) e a Banda Municipal de Música Cidade de Atarfe (BSMMCA), coas que realiza unha ampla programación.

Inicia os seus estudos musicais na banda da súa localidade da man de Don Manuel Palma aos 11 anos, cursou estudos superiores de piano e estudos superiores de composición. Desde os 15 anos iníciase na dirección musical con diferentes colectivos, principalmente bandísticos. Sendo director das bandas de música de Quéntar , Belicena, Illora (22 anos ao seu cargo) e Atarfe. Obtén a licenciatura de Dirección de Orquestra en 2010 con máximas calificacións no Conservatorio Superior de Málaga sendo alumno prestixio catedrático Octav Calleya Iliescu.

Recibiu  varios premios polo seu labor cultural e musical, tales como: O Escudo de Ouro do Concello de Illora polo seu labor cultural, Premio das Artes Escénicas de Canle Sur polo concerto de Rock Sinfónico xunto ao grupo Apache (xullo 2012), dous segundos premios no Primeiro Concurso de Bandas de Granada, na primeira e segunda sección (decembro 2012) terceiro premio no Concurso de Bandas de Cullera (abril 2013) primeiro premio en todas as categorías no Primeiro Concurso de San Fernando (xullo 2016), segundo premio no Concurso de Música de Cinema para Banda de Cullera (xullo 2017), segundo Premio, Concurso Internacional de Bandas de Música Villa da Senia (abril 2018)

PROGRAMA:

Primeira parte:

Soñad el Mar

A Day Of Celebration

The Legend Of Maracaibo

Segunda Parte

Man in The Ice

The Ghost Ship

NOTAS AO PROGRAMA

"Un Mar de Impresións"

No concerto de hoxe escoitaremos unha selección de Música Orixinal para Banda escrita no século XXI. O Mar será o fío condutor e o director José Antonio Guerrero,  convídanos a gozar das emocións e sensacións que xurdan durante o transcurso do concerto. Así, dende os primeiros sons do pasodobre onde xa "oímos" o Mar , ata os últimos tons festivos de Naval Blue, gozar co son da Banda Municipal de Música da Coruña e deixemos que nos bañe nun Mar de Impresións.  

Soñad el mar, Manuel Morales Martínez

Pasodobre sinfónico para concerto, composto en 2017 por encargo da banda de Rafelbuñol (Valencia), para a súa participación na primeira sección do Certame Internacional de bandas de música de Valencia.

Presenta unha estrutura máis desenvolta do habitual, así como unha instrumentación para banda grande e equilibrada, que require bastantes percusionistas e un bo solista de trompa e corno inglés.

Evocando as cores, sensacións e impresións do mar mediterráneo, presenta uns temas que explotan as capacidades expresivas da agrupación utilizando a linguaxe tonal bimodal, dentro dunha estética romántica.

Espero que sexa do agrado do intérprete e do oínte, e que traia moito éxitos a quen o interprete e o escoite, tal e como din que significa soñar un mar en calma.

A day of Celebration, Pascual Piqueras Cabanillas

Obra galardoada co 2º Premio no Concurso Nacional de Composición para Ensemble de Metais e Percusión do Ateneo de Palencia-Beebrass 2018 e co 1º Premio no Concurso Nacional de Composición para agrupacións de Metal da S.M. "Santa Cecilia" Cecilia de Alcasser , Valencia, en novembro do mesmo ano.

Esta composición que nos evocará todo un mar de impresións, presenta un carácter chispeante e festivo que, ao ser exposta para aproveitar os nobres sons do grupo de metais propón como punto de partida facer desta unha inxección de enerxía pura. Está estruturada dunha maneira tripartita, cunha exposición composta por distintos temas, un tema central de orde melódico-cantabile e unha reexposición coas súas consabidas variacións e o paralelismo do tema da parte central. A linguaxe, de ámbito tonal, mostra algunhas sonoridades acordales sen terceira e algúns elementos melódicos de orixe latina. O tema central, melancólico, contrastante coa exposición, vólvese aos poucos crispante para desembocar no tema de inicio da exposición. A Introdución serve de Coda final, o cal pecha o ciclo musical da mesma maneira que o empezou, cun motivo que convida á celebración.

Cando se fala do Santo Cristo de Maracaibo, ninguén, incluído os expertos, distingue a realidade da lenda. O naufraxio no mar deste galeón garda toneladas de ouro e misterios aínda por desvelar. Este fermoso galeón chegaba de América con outros barcos á ría de Vigo. O seu escolta francesa recomendáralle que se protexese ante a proximidade dunha frota inimiga procedente de Inglaterra e as Provincias Unidas (xerme dos actuais Países Baixos).

"Cheiraran" o ouro e a prata coloniais que enchían as entrañas dos barcos que estaban á espreita. As dúas frotas entraron en combate o 5 de novembro de 1702, nada máis pasar o estreito de Rande que deu nome á batalla.

Capítulos de misterio, aventura e lendas que, a día de hoxe, aínda permanecen nas nosas augas.

"A Lenda do Maracaibo" está cargada de enerxía e intensidade e cun só tema José Alberto Pina desenvolve esta trepidante obra que emocionará tanto ao público como a músicos.

O 19 de setembro de 1991, un corpo momificado dun home foi atopado no glaciar Similaun nos Alpes Ötztäler. O glaciar xurdido da auga do mar deu a coñecer a un home primitivo despois de 5300 anos, con todas as súas pertenzas persoais. A súa roupa e armas estaban bastante ben conservadas e permítennos hoxe unha visión máis profunda dese período. O cineasta austríaco da natureza Kurt Mündel reconstruíu a vida e viaxes deste home e fixo unha película que, baseada en feitos, mostra como puido ser entón. Otto M. Schwarz utilizou este documental como unha oportunidade para escribir un traballo para a banda sinfónica de vento e resucitar musicalmente ao 'Home no xeo'.

The Ghost Ship (O Barco Pantasma) está inspirada no naufraxio no mar do transatlántico SS American Star. Este sufriu unha forte tormenta e cando era remolcado, sen motivo algún, o remolcador cortou o cable e o American Star quedou á deriva. Tras varios días sen saber del, apareceu na praia de Garcey , Forteventura, onde, partido pola metade, foi obxecto de misteriosos sucesos. Unha obra chea de enerxía, misterio e intensidade que nos conducirá a través dos camarotes deste famoso barco pantasma. A obra é un encargo da Gran Canaria Wind Orchestra do ano 2017.

14 DE NOVEMBRO NO PALACIO DA ÓPERA ÁS 19.00 H. Director invitado: Javier Viceiro

28 DE NOVEMBRO NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO ÁS 20.00 H.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión