Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Mostra de teatro afeccionado: Farandoleiras

Un cabaré de película, coa dirección de Clara Gayo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/10/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Imaxina que existira unha máquina que nos levase ao futuro para poder ver en que acabará todo isto; imaxina que un personaxe malvado, horroroso (e alemán) secuestrase as nosas mentes máis brillantes e que un grupo de Bruxas doutoradas se reúnan para buscar solucións á crise. Imaxina que, como noutros tempos non tan afastados, as rúas énchensenos de voluntarios pedindo doazóns para poder manter a sanidade pública. Imaxina que para chegar a fin de mes tiveses que presentarte a todo canto casting haxa e que baixase o mesmo Xesús a poñer un pouco de orde en todo este caos... Vaia peliculón, eh?

Pois todo isto é o que Farandoleiras Cabaré che ofrece neste espectáculo, salpicado de números musicais, que pensamos e bailamos desde Oleiros, onde levamos xa uns cantos anos tentando soportar con humor o guión que nos tocou vivir.

Elenco: Antonio Doldán, Beatriz Vázquez, David Garrido, Elsa Parada, Esther Patiño, Isa Curráis, Lara Valcuerde, Manuel Candamio, María Rey, Marisol Cancio, Natalia Domínguez, Noa Vedia, Noelia Papín, Patricia Somoza, Paula Galego, Raquel Sánchez, Saleta Vázquez, Bernardino Cope, Yolanda Zapata.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión