Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Festival Por Amor á Arte - 15 de febreiro

Actividades programadas dentro do festival, en distintos espazos da cidade

Cando:

15/02/2014

Xa rematou

10:00 Presentación de Igualarte.
Auditorio Ágora
Presentación do traballo de audiovisual de Igualarte. 50′

10:30 “Palabras, cámara, acción… En curta!”
Gravación dun spot a cargo da Biblioteca dos Rosales.
Ao longo da mañá entre oito e dez mozos gravarán un pequeno spot que servirá para a próxima campaña de animación á lectura difundido por Bibliotecas Municipais.
Zona Os Rosales.

11:00 Presentación do Asac (Asociación Altas capacidades).
Proxección de curtametraxe e charla a cargo de Carmen Pomar e Rubén Ríos.
Auditorio Ágora

12:00 “Palco aberto á rúa”.
Gravación da actividade Palco aberto á rúa, onde todos os que o desexen poderán expresar libremente as súas ideas, queixas, peticións… como parte da exposición que arrinca na sala Monty. Acompañado de Pintura & Música.
Sala Monty.

12:30 Presentación “Amigos” Curta a cargo da escola Katarsis.
Proxección de curtametraxe e charla a cargo dos alumnos da escola e Estíbaliz Veiga (responsable do proxecto).
Auditorio Ágora

12:30 Presentación “Amigos” Curta a cargo da escola Katarsis.
Proxección de curtametraxe e charla a cargo dos alumnos da escola e Estíbaliz Veiga (responsable do proxecto).
Auditorio Ágora

17:00 a 20:00 Presentación dos directores.
Presentación a cargo do equipo técnico de diferentes curtas presentadas ao festival e proxección deles.
Fórum Metropolitano. Sala Fernando Rey.

17:00  Teatro. “A súa vida”. Compañia Leda Teatro.
Leda teatro presenta unha obra dedicada aos máis pequenos. Público infantil.
Fórum Metropolitano. Auditorio.

18:00  Flash Mob.
Flash mob a cargo de Lúa centro de danza e Danzarte
Zona Obelisco.

18:00  Proxección de curtas.
Selección realizada para a proxección no CGAI.
CGAI

20:00 a 01:00 Proxección de curtas a concurso.
Ver carteleira para máis información
Fórum. Sala Fernando Rey

21:00 Gala da comedia (monologuistas).
Ata seis monologuistas subirán ao escenario para facer unha noite inesquecible: Pedro Brandariz, Pablo Chichas, Tito Rober, Jose Luis Míguez, Jose Erre e Igor Vizoso.
Fórum. Auditorio.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión