Concello da Coruña

Concello da Coruña

Günther Förg. Verfolgen Malerei

O pintor e fotógrafo alemán Günther Förg (Füssen [Alemaña], 1952-Freiburg [Alemaña], 2013) foi un dos artistas máis importantes da súa xeración, e sen dúbida un dos nomes clave da arte europea contemporánea ata o seu recente falecemento no 2013.

Cando:

Dende o 16/10/2014 ata o 01/02/2015

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h.
Domingos de 11.00 h a 14.00 h.
Luns pechado.

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

O título da exposición, Verfolgen Malerei (perseguir, continuar a pintura), fai referencia tanto ao carácter híbrido da produción do artista, na que a abstracción meticulosa e ordenada das súas pinturas se desenvolve en paralelo ao uso que fai da fotografía como campo de reflexión artística, como ao tipo de obras reunidas para a mostra, na que fotografías de gran formato comparten espazo con lenzos, chumbos, debuxos e libros de artista, un conxunto de máis de cincuenta pezas cedidas para a ocasión por coleccionistas privados e institucións públicas que mostra unha visión completa do traballo de Förg dende finais dos anos 80 ata hoxe.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión