Concello da Coruña

Concello da Coruña

Georgina

Georgina lánzase á estrada e constrúe unha ampla xira por salas chamada RaraTour na que visita máis de 30 cidades de España entre elas A Coruña.

Cando:

05/10/2013

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas ás 22 horas.

Enderezo:

Sala Mardi Gras

Prezo:

12 euros, 10 euros en venda anticipada.

Ás veces tocando coa súa banda e transmitindo a enerxía dun concerto de puro pop-rock positivo e electrizante, e outras coa súa acústica e a súa inconfundible voz, hipnotizando os máis esixentes e detendo os reloxos da sala.

Idealista, namoradiza, soñadora, constante e cunha enerxía inesgotable, Georgina é muller e á vez nena. Muller porque ten un estilo e unha personalidade irresistibles, é líder natural e todo o mundo quere beber un sorbiño da súa vida. Nena porque é deliciosamente rebelde e irreverente. Só obedece aos seus impulsos e sensacións e todo o que fai acábase convertendo en maxia pura.

Cunha esencia feminina, fresca e inocente, Georgina é creadora desas cancións que nunca pasan de moda e cheiran a clásicos dende a primeira vez que as escoitas. Nelas, Georgina conta a importancia das cousas cotiás, con ese estilo propio, irreverente e próximo, pero coa suficiente distancia para ironizar e rirse de si mesma. As historias resúltannos tan familiares que involuntariamente convertémonos en parte activa delas.

As súas cancións falan dela mesma, de experiencias que tivo, de xente que coñeceu, de amor e desamor, de melancolía, alegría e sarcasmo. Cousas normais de vidas normais nas que todos algunha vez puidemos sentirnos identificados…

Ela sabe contar as cousas que todos sentimos e que non sabemos expresar. E ademais fai que pareza sinxelo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión