Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gelabert V.O. +

Premio Butaca ao mellor espectáculo de danza 2012. A obra V.O.+3 é unha homenaxe que Gelabert dedica ao coreógrafo Gerhard Bohner, de quen bailou varias obras en todo o mundo.

Cando:

09/05/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón

Cesc Gelabert ofrece unha retrospectiva de futuro e presenta o seu último espectáculo que inclúe a estrea de 3 sós e a interpretación de pezas antigas revisadas por esta ocasión. Unha ollada ao pasado dende un presente que mira cara ao futuro.

Recollendo a experiencia acumulada nos últimos anos con varios programas de divulgación, como "Un día con el público", o bailarín introduce as diferentes pezas con breves comentarios, xa sexan referencias da obra ou persoais, explicacións sobre o seu significado ou ideas xerais sobre a danza, anécdotas ou comentarios do momento.

Con esta proposta, Gelabert regresa ao corazón, ao núcleo, ao alambique da súa creatividade, á esencia do seu movemento e da súa presenza, terreo que non visita dende Glimpse, obra estreada o ano 2004.

O espectáculo inclúe pezas antigas como a sección de Mompou de Preludis (2002), Al Capone (1982) con música de Prince Buster All Stars, Lágrimas negras (2003) con música de Miguel Matamoros, Fanny Valentine do 2005 con música de Richard Rodgers e Lorenz Hart e outros que poderán variar segundo os días ou as circunstancias.

As tres pezas novas, V.O.+1-2-3, contan cunha música orixinal de Borja Ramos e un vestiario deseñado por Lydia Azzopardi.

V.O.+1 é unha aparición, unha presentación e unha fantasía que ten no vestiario un elemento clave, un impulso que facilita a transformación.

V.O.+2 é unha travesía por diferentes calidades de movemento e de interpretación.
Se poderiamos dicir que estamos alá onde a mente está, esta peza reflexiona sobre como un movemento dun bailarín por si mesmo produce unha imaxe ou percepción no espectador. Que fai que a presenza dun bailarín executando un determinado movemento produza unha sensación ou outra?

Ademais dunha suite de Borja Ramos, a peza inclúe as composicións de Bach Gigue da suite nº 4 para violonchelo e a Zarabanda da suite nº 5, as dúas interpretadas por Pau Casals.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión