Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fronte a fronte. Paco Plaza e Leticia Dolera - Coruñafilm

Paco Plaza e a actriz Leticia Dolera falarán sobre a súa filmografía nun diálogo distendido no que o público tamén poderá tomar a palabra.

Cando:

05/10/2013

Xa rematou

Horario:

20 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Libre ata completar o aforamento.

Paco Plaza é director de cinema español. A súa primeira curtametraxe, Tropismos, estreouse en 1995, á que seguiron Tarzán en el Café de Lisboa, Abuelitos e Puzzles. A súa primeira longametraxe, El segundo nombre, estreouse no 2002. Dous anos máis tarde faríao Romasanta, la caza de la bestia. O seu gran recoñecemento chegoulle coa exitosa saga REC que comezou no 2007 coa primeira parte e que concluíu no 2012 con [REC] Génesis. Un proxecto que compartiu con Jaume Balagueró.

Leticia Dolera é actriz e directora. Comezou a súa carreira na serie Al salir de clase (2000-2002). Axiña despuntou como actriz e empezou a participar nas súas primeiras longametraxes (El otro lado de la cama, Besos de gato ou Semen: una historia de amor). No 2012 protagoniza dúas importantes longametraxes da súa filmografía: [REC] 3: Génesis (dirixida por Paco laza) e De tu ventana a la mía (dirixida por Paula Ortiz). Ambas as películas valéronlle o premio Sant Jordi á mellor actriz. Como directora de curtametraxes destacan os títulos Habitantes (2013), A o B (2010) e Lo siento te quiero (2009).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión