Concello da Coruña

Concello da Coruña

FORUMÁXICO. Mago Vituco. O documental máxico

Un espectáculo de maxia diferente e, ao mesmo tempo, un espectáculo de teatro moi máxico, didáctico e divertido.

Cando:

21/09/2013

Xa rematou

Horario:

19.00 horas.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

ENTRADAS: 5.00 € (abono 3 familiar: 12.00 €)

Televenda:

Ataquilla.com

Nun estudio de televisión moi peculiar grávase un documental. O mundo da maxia será a temática deste divertido programa. Pero neste estudio non funcionará todo como era de esperar... como se dalgunha chisteira saíse un simpático coello que se pasea polo estudio fará que se complique o traballo da presentadora, convertendo o estudio nun completo caos. O coello, farto de ser o típico "elemento" do mago, tratará de liberarse deste papel.

Mentres tanto unha maga ilustrará con fatásticas maxias as explicacións da excitada presentadora, ambas axudadas por un estraño home vestido de negro e rostro cuberto cunha misteriosa máscara.

Con moita maxia e comedia da man do teatro, este espectáculo levaranos a coñecer parcelas descoñecidas da historia da maxia.

 

ENTRADAS: 5.00 € (abono 3 familiar: 12.00 €)

 

VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Fórum: mesmo día, dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 e www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión